30 de abril de 2024
Segundo a ONG Aldeas Infantís, un de cada dez alumnos de Educación Primaria en España afirma sufrir acoso na escola, e un de cada nove, ciberacoso
Con motivo da conmemoración o próximo 2 de maio do Día Internacional contra o Acoso Escolar, Aldeas Infantís SOS alerta de que o acoso nas aulas condiciona o desenvolvemento de cada vez máis nenos, nenas e adolescentes e xera un profundo sufrimento.
Este día ten como obxectivo sensibilizar as persoas a escala mundial sobre o problema da violencia nas aulas e o ciberacoso, as súas consecuencias e a necesidade de poñerlles fin. Tamén fai un chamamento ao alumnado, os pais e nais, os demais membros da comunidade educativa, as autoridades encargadas da educación e sectores como o das tecnoloxías, a poñer atención a este problema e contribuír á prevención da violencia en liña, coa intención de garantir a seguridade e o benestar de nenos, nenas e novas.
Pódese consultar máis información a respecto disto en:
22 de xullo de 2024
20 de xullo de 2024
19 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible