Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de julio de 2024

A artista Gosia Trebacz conducirá dúas visitas guiadas pola súa exposición ‘AR+ arte_ terapias alternativas 2’

A actividade conta cunha capacidade de 50 persoas por quenda e realizarase os domingos 14 e 21 de xullo, ás 18.30 horas, no Salón Municipal de Exposicións de Palexco

O Concello da Coruña, en colaboración con Gosia Trebacz, organiza dúas quendas de visitas guiadas á exposición 'AR+ arte_ terapias alternativas 2', da man da propia artista. A artista Gosia Trebacz conducirá a ruta na que explicará o proceso de creación e motivación da proposta inmersiva, centrada na Fábrica de Armas.

Trátase dunha experiencia multisensorial que combina textos, fotografía, vídeo e diversas disciplinas artísticas para transmitir a esencia mesma da arte como terapia e expresión emocional. Na exposición o público pode ver un compendio de obras que actúan como testemuños vivos da historia e o espírito da Fábrica de Armas, agora xa como Cidade das TIC. Na proposta participan poetas como Eva Veiga, Luz Campello, Miguel Anxo Fernán Vello ou Xosé Iglesias, ademais de músicos como Silvia Penide, Leticia Rey ou Mercedes Peón. Tamén o coreógrafo Pablo Sánchez e, desde outra perspectiva, os arquitectos Carlos Pita e Miguel Abelleira xunto co historiador Carlos Pereira.

As visitas organizadas teñen unha capacidade de 50 persoas por día e realizaranse os domingos 14 e 21 de xullo ás 18.30 horas no Salón Municipal de Exposicións de Palexco. A reserva de prazas é gratuíta e pode realizarse vía telefónica no número 981189898 en horario de 08.30 a 14.00 horas ou presencialmente, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Estará dispoñible no Salón Municipal de Exposicións de Palexco ata o vindeiro 29 de xullo, con entrada de balde ata completar capacidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión