Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de diciembre de 2024

A Banda Municipal celebra o Nadal evocando clásicos de Chaikovski e Mariah Carey nun concerto “festivo e familiar” que terá lugar este domingo no Teatro Colón

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a non perder o espectáculo, no que se implicará ao público e que tamén contará con numerosas sorpresas sobre as táboas

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) protagoniza este domingo 22 o seu tradicional concerto de Nadal, que terá lugar no Teatro Colón a partir das 12.15 horas, nunha actuación aberta á cidadanía ata completar a capacidade prevista e que, tal e como anticipou o director titular da Banda, Juan Miguel Romero Llopis, "contará con numerosas sorpresas e contará coa implicación do público asistente".

O concerto, "de temática familiar e festiva", estará dividido en dous actos, con cinco pezas por bloque. Haberá tempo para gozar de clásicos como o Crebanoces do compositor ruso Piotr Ilich Chaikovski, da Trish Trash Polka de Johann Strauss e tamén de pezas máis actuais e habituais nestas datas, como All I want for Christmas is you de Mariah Carey.

"Tamén haberá protagonismo para pezas de prestixiosos compositores como Morten Lauridsen e Claude T. Smith, así como coa interpretación da ópera "Carmen", de Georges Bizet", agregou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que convidou as coruñesas e coruñeses a non perder o espectáculo desta fin de semana, que porá o peche á programación prevista pola Banda neste último treito do ano.

Ademais, a actuación deste domingo contará coa implicación das novas xeracións de músicas e músicos que emerxen na escena coruñesa. Entre eles, o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña e o coro e orquestra de frautas do CEIP Eusebio da Guarda. Ademais, no concerto tamén cobrará protagonismo a cantante coruñesa Irene Cerqueiro, como solista.

Neste sentido, Gonzalo Castro destacou a boa acollida que está a ter a programación da Banda, que ao longo deste ano actuou en puntos como o Campo da Leña e o Ágora, acompañada por directoras e artistas de envergadura internacional e nacional, "unha iniciativa que forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey para poñer a Banda en primeira liña e reforzar a súa presenza no plan de dinamización cultural na nosa cidade".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión