Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

5 de abril de 2025

A carreira popular de Matogrande – Xuxán dará continuidade este domingo ao circuíto Coruña Corre

Este ano, como novidade, a saída das carreiras terá lugar na contorna da praza central do barrio de Xuxán

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta este domingo a súa segunda proba do calendario nos barrios de Matogrande e Xuxán. Este ano, ademais, con novidades no percorrido, pois a saída tanto da proba absoluta como das categorías inferiores terá lugar na contorna da praza central de Xuxán, "integrando aínda máis a este barrio, que se incorporou o pasado ano ao circuíto grazas ao compromiso da nosa alcaldesa Inés Rey cos veciños e veciñas", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. 

A recollida de dorsais para esta segunda proba estase a levar a cabo este sábado 5 de abril, en horario de 11.00 a 20.30 horas, no Cuatro Caminos Centro Comercial, que se incorpora nesta edición aos patrocinadores oficiais do circuíto. Ademais, mañá domingo, desde as 9.00 horas e ata unha hora antes de cada unha das probas será posible recoller o dorsal no colexio Liceo La Paz.

A carreira absoluta comezará ás 10.00 horas e hai máis de 1.700 persoas que confirmaron a súa participación. Seguidamente, ás 11.15 horas, tamén se levarán a cabo as probas de categorías inferiores, ata un total de seis. O trazado, de 6.640 metros, transcorrerá, ademais de polo Campus Universitario de Elviña e o barrio de Matogrande, polo barrio de Xuxán, onde se percorrerán os últimos 2 quilómetros da proba. A entrega de premios será a partir das 13.00 horas.

Toda a información desta carreira, así como unha recopilación das afeccións ao tráfico, pódense consultar neste mapa interactivo.

Datas do circuíto Coruña Corre 2025

XIII Carreira Popular Torre de Hércules: 15 de marzo

IX Carreira Popular Matogrande-Xuxán: 6 de abril

XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma: 11 de maio

XII Carreira Popular Os Rosales: 1 de xuño

XII Carreira Popular Volta a Oza: 14 de setembro

XI Carreira Popular do Ventorrillo: 26 de outubro

XIII Carreira Popular Novo Mesoiro: 23 de novembro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible