18 de decembro de 2024
O Concello promove esta iniciativa no primeiro lustro do nomeamento do satélite na honra da escritora
O planetario da Casa das Ciencias ofrecerá este Nadal unha programación especial dedicada á estrela Rosalíadecastro. O Goberno de Inés Rey promove esta iniciativa para continuar achegando á cidadanía actividades de divulgación científica novidosas e iteresantes.
«Estrela Rosalía» é un programa de planetario en directo para celebrar que hai cinco anos a Unión Astronómica Internacional seleccionou a insigne escritora galega para nomear unha estrela na constelación do Serpentario. Durante esta sesión, dedicada principalmente a falar sobre esta estrela, tamén se abordarán as principais características do firmamento destas datas, incluíndo a posibilidade de contemplar todos os planetas apreciables a simple vista.
Esta sesión realizarase ás 18.00 horas os días 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, tamén o 4 e 5 de xaneiro ás 18.00 horas; os días 2, 3 e 7 de xaneiro, será ás 13.00 horas.
Horarios de apertura dos Museos Científicos Coruñeses no Nadal
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae estarán abertos nas vacacións escolares de Nadal co seguinte horario: Do 21 ao 30 de decembro, das 10.00 ás 19.00 horas. O 24 e o 31 de decembro, das 10.00 ás 14.00 horas. En xaneiro o horario será das 10.00 ás 18.00 horas de luns a venres. Os sábados, domingos e festivos das 11.00 ás 19.00 horas. Os tres museos estarán pechados o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
A información completa dos horarios, programación completa do planetario e demais actividades ordinarias están dispoñibles na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible