24 de febreiro de 2021
O Concello pinta sobre o asfalto 11 frases da escritora e mais de persoas expertas na súa escrita nos puntos en que a homenaxeada deixou unha fonda pegada e dentro dos actos programados para conmemorar o centenario da súa morte
A cidade volve sentir a obra e o recordo de Emilia Pardo Bazán a través de mensaxes pintadas até en 22 pasos peonís con frases dela ou de persoas que a admiran. Son en total once misivas duplicadas ao longo da Coruña, en concreto, nos lugares onde a homenaxeada deixou unha fonda pegada, escenarios da súa Marineda que hoxe rememoran a escrita da coruñesa. Deste xeito, desde a Fábrica de Tabacos, protagonista en varios dos seus libros, até a Porta Real, próxima ao seu fogar, o legado literario de Pardo Bazán estará estes días máis vivo ca nunca. En concreto, persoas expertas como a académica Marilar Aleixandre, a escritora Nieves Abarca e a historiadora Isabel Burdiel completan o tributo coas súas achegas, nunha posta en escena que se enmarca dentro dos actos de conmemoración do centenario do seu pasamento.
"Si te dicen alguna vez que hay cosas que pueden hacer los hombres y las mujeres no, di que es mentira" ou "No puede haber dos morales para dos sexos" son dúas das frases que se poderán ler e que confirman que Pardo Bazán foi unha pioneira do feminismo.
Pola súa parte, a alcaldesa, Inés Rey, sinalou esta semana na presentación da programación que o seu centenario se presenta como o acontecemento cultural máis importante do ano ao se tratar dunha figura relevante, "unha desas mulleres que converteron A Coruña na cidade ilustrada e aberta que é". Ofreceranse máis de 40 eventos agrupados en base a súa faceta literaria e feminista e a importancia que a escritora lle deu a Galicia e, sobre todo, á cidade na súa obra.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible