Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

2 de febreiro de 2018

A Concellería de Emprego pon en marcha o programa de capacitación 'Elas Máis', dirixido a mellorar a formación de 288 mulleres desempregadas de entre 16 e 30 anos

A iniciativa, que conta cun orzamento de 480.886 euros e se desenvolverá ao longo dun ano, prevé a realización de prácticas laborais en empresas do municipio

A Concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha este ano o proxecto de capacitación profesional Elas Máis, dirixido a mulleres de entre 16 e 30 anos desempregadas e que non estean integradas nos sistemas de educación e formación, con especial atención a paradas de larga duración e colectivos desfavorecidos. Ao abeiro deste programa, que terá unha vixencia de 12 meses, desenvolveranse itinerarios integrados de inserción sociolaboral con titorías personalizadas e prácticas en empresas, ademais de outras accións complementarias de formación en novas tecnoloxías, idiomas e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O responsable municipal de Emprego, Alberto Lema, salienta que este programa "continúa o traballo do Concello, dentro das súas limitadas competencias en materia de emprego, para impulsar a formación e a orientación de colectivos nos que o desemprego é máis elevado, como neste caso". Outro dos obxectivos do programa é reorientar cara a formación reglada a mulleres que non continuaron os seus estudos, apunta Lema.

Tal e como explica o concelleiro, Elas Máis conta con 16 itinerarios integrados de preparación para o mercado laboral -cada un enfocado a traballos de familias profesionais que no proceso de investigación previa foron identificadas como creadoras de emprego- que seguirán un total de 288 mulleres, 18 en cada rama. Esta formación completarase con prácticas en empresas do municipio, que contarán con bolsas e que se concretarán en base ao Pacto Local polo Emprego da cidade. Os sectores representados son a industria alimentaria, o comercio e o marketing, as actividades culturais e recreativas, o textil, a hostelería e o de informática e comunicacións.

A iniciativa conta coa financiación das axudas a Administracións públicas do Fondo Social Europeo destinadas á integracións sostible de persoas novas no mercado de traballo, que adxudica o Ministerio de la Presidencia do Goberno do estado dentro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil. O importe destinado ao programa é de 480.886 euros, dos que o Concello da Coruña aportará 38.999,85.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible