Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xuño de 2024

A Coruña abre este domingo a sétima edición do circuíto Travesía Costa Duacode de augas abertas, que terá lugar nas augas das praias de Riazor e O Matadoiro

A xornada de competición inclúe tres probas, con percorridos de 3.000 e 1.000 metros, así como unha travesía ideada para nenas e nenos de ata 13 anos. O Concello colabora co Club Hércules Termaria na organización do evento

Os concelleiros Nereida Canosa e Manuel Vázquez participaron esta mañá en Riazor no acto de presentación da Travesía Costa Coruña de augas abertas, competición que terá lugar este domingo 30 na Coruña e que abrirá a sétima edición do circuíto Travesía Costa Duacode, que continuará ata comezos de setembro en cinco concellos máis da provincia, con outras tantas probas previstas, en Oleiros, Fisterra, Malpica, Portosín e O Ézaro.

Os concelleiros estiveron acompañados por Sergio Castellanos, presidente do Club Hércules Termaria, que organiza a proba co apoio do Concello. A cita inclúe tres probas diferenciadas: a travesía longa de 3.000 metros de percorrido e saída desde a praia de Riazor (10.30 horas), a travesía curta de 1.000 metros e inicio na praia do Matadoiro (12.00 horas) e a Travesía Costa Júnior 2024, ideada especificamente para a rapazada de entre 5 e 13 anos, que poderán vivir unha experiencia similar á dos adultos, gozando da natación en augas abertas.

A xornada dominical arrancará ás 09.00 horas, coa entrega de dorsais ás persoas participantes na travesía de longa distancia, e rematará pouco despois das 14.00 horas, coa entrega de trofeos ás e aos gañadores das probas. Mentres tanto, ao longo da mañá, haberá tempo para actividades complementarias como unha sesión de ioga, unha pizza party e tamén o sorteo de agasallos.

Manuel Vázquez puxo en valor a finalidade desta competición "que contribúe a implicar á cidadanía na práctica do deporte e a interiorización de hábitos saudables a escala interxeracional, un compromiso compartido polo Goberno de Inés Rey". Pola súa banda, Nereida Canosa destacou tamén "a identidade solidaria do circuíto Travesía Costa Duacode, que axuda a asociacións e entidades para reforzar a integración social e a visibilización das enfermidades raras".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión