21 de marzo de 2025
A xornada desenvolverase en Palexco e incluirá obradoiros, exposicións e actividades abertas ao público
Palexco acollerá mañá sábado, 22 de marzo, unha nova edición da Feira Matemática, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), coa colaboración da Universidade da Coruña e o apoio do Concello da Coruña.
Ao longo de toda a xornada estudantes de centros educativos da provincia participarán nesta decimo oitava edición, que leva por lema "A maxia das matemáticas". A feira abrirá a súas portas ás 11.00 h e está dirixida a alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP e tamén ao público xeral.
Instalaranse unha trintena de postos atendidos por estudantes, que presentarán proxectos, xogos e experiencias matemáticas desenvolvidas nas aulas baixo a coordinación do profesorado. Ademais, haberá obradoiros, concursos e actividades participativas para todas as idades.
A feira realízase con motivo do Día Escolar das Matemáticas, e busca achegar esta disciplina á sociedade dun xeito entretido e práctico, favorecendo a aprendizaxe colaborativa e a implicación das familias.
A entrada é libre e espérase unha importante influencia de visitantes ao longo do día.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible