Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de mayo de 2024

A Coruña acollerá a estrea da ópera ‘Le Villi’, de Puccini, un proxecto pioneiro que implica a seis centros públicos de ensino de Galicia

O Concello colabora con esta iniciativa artística organizada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. A función terá lugar este sábado, 1 de xuño, no Teatro Colón

O Teatro Colón acollerá este sábado 1 de xuño a estrea da ópera 'Le Villi', do prestixioso compositor italiano Giacomo Puccini, nunha iniciativa pioneira coordinada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña e que implica tamén a outros cinco centros públicos de ensino de Galicia: a Escola Superior de Arte Dramática, a EASD Pablo Picasso e os Centros Integrados de Formación Profesional de Imaxe e Son, Paseo das Pontes e Someso.

O Concello colabora con este proxecto artístico de carácter transversal e colaborativo, no que cada centro de ensino achegará o seu gran de area para o espectáculo. No caso do Conservatorio, coa realización da parte musical da ópera, con case un cento de estudantes implicados. Por outra banda, un elenco de alumnas e alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, adscritos á materia de danza, levará a cabo a parte da coreografía.

A maiores, a EASD Pablo Picasso encargarase de realizar as proxeccións que se amosarán durante a ópera. Ademais, o alumnado do CIFP de Imaxe e Son encargarase de tarefas de iluminación das diferentes escenas da ópera; desde o CIFP do Paseo das Pontes, grazas á colaboración do alumnado do ciclo de confección e pel, dotarase con complementos e vestimenta ás e aos intérpretes; e o CIFP de Someso, coa implicación do estudantado do ciclo de imaxe persoal, dotará de maquillaxe, peiteados e caracterización estética as persoas intérpretes. Tamén a rama de FP relacionada con traballos de madeira colaborará no espectáculo, en materia de elementos para o escenario.

A asistencia ao espectáculo, de balde

A asistencia á estrea de 'Le Villi', que terá lugar o día 1 de xuño ás 20.00 horas, será de balde. Os pases poderán retirarse a partir deste martes 28 de maio, a través da web de Ataquilla, e tamén fisicamente no Teatro Colón, xa o propio día da función.

Co apoio a esta proposta, o Goberno de Inés Rey reforza a súa aposta por unha programación cultural de calidade, amosando o seu compromiso para visibilizar o traballo dos talentos artísticos que emerxen nos centros educativos e formativos galegos.

Toda a información sobre o espectáculo, nesta ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión