14 de septiembre de 2024
O encontro forma parte do programa de actividades nas que colaboran o Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que rubricaron esta semana un convenio de cooperación
O Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade colaborarán na posta en marcha de actividades orientadas á sensibilización nas desigualdades a nivel global, unha iniciativa á que o Goberno de Inés Rey destinará 20.000 euros, que serán outorgados á entidade.
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da asociación, Juan Antonio González Pérez, asinaron esta semana o convenio, que contribuirá ao financiamiento das actividades impulsadas polo Fondo Galego, entre as que se atopan o intercambio de ideas e experiencias entre Galicia e os países do Sur Global onde cooperamos co obxectivo de mellorar a gobernanza local.
Neste sentido, e en base ao convenio subscrito entre ambas as partes, A Coruña acollerá durante dous días do mes de novembro o encontro internacional de mulleres electas 'As elixidas', que reunirá tanto a concelleiras e alcaldesas galegas como de países de lingua oficial portuguesa (Cabo Verde, Mozambique, etc.).
No encontro abordaranse cuestións como a importancia da representación das mulleres na política local, o rol das redes de mulleres electas no ámbito local, os principais atrancos que dificultan a participación política das mulleres na esfera local e tamén se visibilizarán políticas públicas locais impulsadas polas mulleres.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia, unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades norte-sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia.
19 de diciembre de 2024
25 de noviembre de 2024
21 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible