1 de junio de 2024
Os días 5, 6 e 7 de xuño instalarase na praza de Pontevedra o ‘Posto do Medio Ambiente’ cunha exposición dedicada aos espazos naturais de interese local
Levaranse a cabo talleres de construción de hoteis de insectos, abertos ao público en xeral sen necesidade de inscrición
O Concello da Coruña súmase un ano máis á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente con actividades dirixidas a sensibilizar e educar á cidadanía sobre a importancia de conservar o medio ambiente. Con esta acción, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente e a sustentabilidade, traballando especialmente na concienciación das novas xeracións sobre a importancia de levar a cabo políticas ambientais e protexer a natureza.
Para esta edición establecéronse dúas localizacións principais: na Praza de Pontevedra instalarase unha carpa onde se impartirán talleres ambientais, con información sobre sustentabilidade e medio ambiente nas cidades e contornas urbanas; e no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules, polo que escolares realizarán roteiros guiados sobre a contorna natural, biodiversidade, e protección ambiental e do patrimonio.
As actividades comezarán a mañá do 5 de xuño, no ENIL da Torre de Hércules, cun xogo de pistas no que participarán varios grupos de alumnado. A actividade permitirá, aos máis novos e novas, coñecer de preto os valores do espazo natura dun xeito lúdico, fomentando o respecto e o coidado do medio ambiente da contorna do faro romano, no décimo quinto aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
Durante os días 5, 6 e 7 de xuño, a praza de Pontevedra contará coa 'Carpa do Medio Ambiente', onde as persoas que asistan poderán gozar dunha exposición dedicada á Torre de Hércules e Illas de San Pedro, ambos espazos naturais de interese local, coñecendo os seus valores de diversidade e valor ecolóxico. Ademais, na propia carpa realizaranse talleres de construción de hoteis de insectos, unha actividade que promove e favorece a biodiversidade urbana e a conservación dos polinizadores. Estes talleres realizaranse en horario de mañá a escolares e pola tarde ao público en xeral, sen necesidade de inscrición.
Apagón ambiental na Torre de Hércules e Catro Camiños
O Concello da Coruña adhírese un ano máis ao apagón ambiental con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, no marco do proxecto 'People & Planet' do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este ano, o proxecto céntrase na protección dos ecosistemas terrestres, en liña co obxectivo de desenvolvemento sostible número 15.
Dese xeito, o mércores 5 de xuño suspenderase a iluminación pública da Torre de Hércules e a Fonte de Catro Camiños entre as 23.00 e as 00.00 horas, co fin de concienciar sobre o cambio climático e o consumo enerxético.
14 de junio de 2024
12 de junio de 2024
11 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible