27 de junio de 2024
A xornada terá lugar pola mañá, das 11.00 ás 14.00 horas. As persoas asistentes poderán gozar dun amplo abano de disciplinas, como escalada, boxeo e baloncesto, así como deportes náuticos nas augas de Riazor e o Orzán
O Concello da Coruña celebrará este domingo 30 o XXXVII Día do Deporte na Rúa, que suporá o colofón á actividade do curso 2023-2024 das Escolas Deportivas Municipais. A cita ten como obxectivo promover as diferentes disciplinas deportivas que se practican na cidade co obxectivo de promocionar os distintos clubs e entidades deportivas dun xeito lúdico e participativo e achegarlle á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará cun total de 60 disciplinas deportivas dispoñibles dende fútbol, baloncesto, bádminton, ximnasia artística, taekwondo, escalada, marcha nórdica ou boxeo. Tamén se inclúen deportes náuticos como wáter-polo, wíndsurf ou natación, entre moitas outras. Todas as actividades se desenvolverán na contorna da Cidade Deportiva de Riazor e, en paralelo, haberá deportes náuticos nas praias de Riazor e Orzán.
Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades, e desenvolveranse en horario de mañá, das 11.00 ás 14.00 horas.
Neste sentido, e co obxectivo de visibilizar todas e cada unha das disciplinas deportivas da xornada, o Concello habilitou un mapa interactivo que lles facilitará ás persoas interesadas a localización exacta dos puntos de desenvolvemento de cada actividade.
Pode consultarse aquí.
A implicación do tecido asociativo e deportivo da cidade
Este ano, máis de 80 entidades sumáronse á celebración do Día do Deporte na Rúa colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan na cidade e completar unha programación ampla e diversa, con actividades como a acuatlón e xincana infantil, jiu-jitsu, carreiras de orientación, dardos ou fútbol gaélico.
Deste xeito, o Goberno de Inés Rey mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade achegando e visibilizando o seu traballo entre a cidadanía e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades, ofrecendo unha programación multidisciplinar e aberta ao público.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible