Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de octubre de 2024

A Coruña Nautical Festival comeza este sábado con máis de 500 deportistas confirmados

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou na presentación deste evento náutico de relevancia nacional

Esta fin de semana celebrarase na cidade A Coruña Nautical Festival, un evento náutico de gran relevancia a nivel nacional e punteiro a nivel galego. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participaron no acto de presentación celebrado nas instalacións do Real Club Náutico. 

Este evento ten carácter anual e abarca diversas competicións de deportes náuticos como a vela, o piragüismo, o remo, o esquí náutico e o wakeboard. Reunirá durante as próximas semanas a deportistas de diferentes países e unha das súas sedes, a nivel galego, será A Coruña. Na cidade disputarase os días 26 de outubro e 7, 16, 17, 23 e 24 de novembro. 

"A Coruña volve a acoller unha gran competición deportiva e reunirá aos grandes referentes da náutica durante as vindeiras semanas grazas ao amplo apoio que lle ofrecemos á organización desde o Goberno de Inés Rey", sinalou Gonzalo Castro durante o acto de presentación. Ademais da propia competición, o evento contará con exhibicións, exposicións, seminarios e unha mesa redonda coa fin de promocionar a cidade como un espazo de referencia do turismo deportivo. Vázquez, pola súa parte, recordou a aposta do Goberno de Inés Rey pola náutica deportiva para todas as idades. 

Este sábado 26 a competición arrincará coa Copa do Cantábrico de Piragüismo, que contará coa participación de 40 tripulacións de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Castela e León ou Madrid, cun total de 560 deportistas. Celebrarase nas categorías Open, feminina e masculina, e BCS. Nesta disciplina participarán os "dragóns", embarcacións con equipos de 12 a 22 padeeiros, onde un deles é o tambor, que dirixe o ritmo de palada, e outro é o temoneiro, que leva a dirección do barco. Con motivo dos actos solidarios que cada ano celébranse en outubro polo Día Internacional da loita contra o cancro de mama (19 de outubro), as tripulacións de "dragóns" estarán formadas por mulleres e homes que padeceron cancro de mama e cuxa actividade deportiva é aconsellada por oncólogos especialistas tanto para a súa fortaleza muscular como para a súa recuperación anímica.

Ao acoller un encontro desta magnitude, a cidade da Coruña perfílase como un destino atractivo no denominado turismo deportivo, en especial no náutico. A infraestrutura e a capacidade organizativa demostrada noutros eventos destas características, como a regata de categoría mundial Tall Ships Races Magallanes-Elcano, que en 2023 visitou por décima vez A Coruña, ou a celebración do Campionato de España de Surf Open 2024, sitúan a cidade no circuíto de empresas organizadoras deste tipo de eventos. As competicións deportivas atraen a un perfil de visitante que, ademais de gozar das probas, adoita aproveitar a súa estancia para explorar a cidade.

A Coruña Nautical Festival continuará desenvolvéndose durante o mes de novembro con diferentes competicións que se disputarán na ría da Coruña. Gonzalo Castro agradeceu o labor desenvolvido polo Real Club Náutico para atraer á cidade todo tipo de competicións de primeiro nivel.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión