5 de outubro de 2021
Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, educación especial e educación secundaria
Os proxectos presentados deben ser orixinais, polo que non poden participar aqueles proxectos xa premiados en convocatorias de similar natureza.
Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto. O prazo de presentación prorrógase ata o 28 de outubro.
Premios de 5.000 euros
Establécense tres modalidades (infantil, primaria e secundaria) e un premio de 5.000 euros para cada unha delas.
Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe en favor da consecuión da igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e non discriminatorio por razón de orientación sexual e identidade de xénero, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de riscos e intervención en materia de violencia de xénero.
Máis información
Información web: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concepcion-areal-proxectos-educativos-igualdade-xenero
Bases:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/09/30/2021_0000007062.pdf
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/09/21/2021_0000006930.pdf
26 de setembro de 2024
23 de setembro de 2024
18 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible