Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de agosto de 2024

A enseada do Orzán acolle esta fin de semana a Bandeira Teresa Herrera, que pechará o calendario da Liga Galega de Traiñeiras

O Concello da Coruña colabora coa LGT na organización da proba, na que participarán un total de 22 embarcacións entre as dúas xornadas de competición, sábado e domingo

A Liga Galega de Traiñeiras chega esta fin de semana á súa recta final, coa disputa da súa última proba na cidade da Coruña. Será na enseada da Orzán, coa celebración da Bandeira Teresa Herrera, tanto en categoría masculina como feminina.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e o vicepresidente da Asociación Liga Noroeste, Federico Díaz, destacaron a importancia desta cita no calendario deportivo de traiñeiras, sendo como é unha das máis lonxevas desde que tivo lugar a súa primera edición, no ano 1986.

Nesta ocasión, 22 embarcacións participarán mañá nas roldas clasificatorias da oitava regata e quinta bandeira Teresa Herrera feminina e da trinta e oito regata e dezaseis bandeira Teresa Herrera masculina de traiñeiras. Será o domingo cando terá lugar a xornada final. As dez mellores embarcacións masculinas e as cinco mellores femininas, das clasificadas o sábado, sairán ao mar na procura da vitoria final.

Na categoría masculina participarán a SD Samertolameu, CR Ares, SD Tirán-Pereira, CM Castropol, CR Chapela-Wofco, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, CR Mecos, CR Puebla, Mugardos-A Cabana, CRN Riveira, CR Salgado-Perillo, CM Bueu-Simei, CR Cedeira e CR Urme. Na categoría feminina tomarán parte o CR Chapela-Wofco, Mugardos-A Cabana, CR Rianxo, Cesantes-Amegrove-Cefycal, CR Salgado-Perillo, CM Castropol e CR Cabo da Cruz.

Os horarios previstos esta fin de semana serán os seguintes: o sábado, ás 17.30 horas, será a regata de clasificación feminina, e a partir das 18.00 horas disputarase a regata de clasificación da categoría masculina ata as 19.30 horas. Xa o domingo, a competición comezará coa ofrenda á xente do mar, ás 11.20 horas. Ás 11.30 horas comezará a regata feminina, mentres que ás 12.00 horas será a proba masculina. Ás 13.00 horas está previsto que sexa a entrega de premios e diferentes galardóns na Finca dos Mariño.

Estas regatas serán retransmitidas na Televisión de Galicia, en directo por www.agalega.gal, e ás 18.00 horas, en diferido, na canle TVG2.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión