Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2024

A Gala Final da XXXIII Mostra de Teatro Escolar será o venres 14 de xuño, ás 17:30 horas, no Forum Metropolitano

A entrada é libre ata completar aforo

Abriranse as portas ao público ás 17:15 horas e 15 minutos máis tarde dará comeza a gala, que será presentada por Mariña Pena Blanco.

Esta será a entrega das mencións por parte do xurado:

  • Mención á mellor escenografía e iluminación: "A mellor sopa do mundo", do grupo Mosca Chosca, do CEIP Víctor López Seoane                  
  • Mención á mellor vestiario e maquillaxe: "Chicken Little", do grupo do Colegio Obradoiro International School                  
  • Mención á mellor texto orixinal ou adaptado: "Mortos de risa", do grupo Agor Teatro, do IES Agra do Orzán

Ás 17:45 representarase a obra "Quen teña honra que me siga!!", a cargo do grupo infantil da EIM Luis Seoane.

 Ás 18:15 horas haberá unha nova apertura de portas.

O grupo de primaria do CPR Esclavas representará a obra "Consulta de Dª Remedios", ás 18:30 horas. 

Ás 19 horas volverán abrirase as portas ao público e dez minutos máis tarde o grupo do CPR Santo Domingo interpretará "Four ou five". 

Pecharña a gala o concelleiro de Educación, que tamén se encargará da entrega de diplomas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión