22 de septiembre de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, deu a saída da carreira e entregoulle á deportista Sofía Toro unha placa en homenaxe ás mulleres deportistas
A Coruña encheuse este domingo dunha marea rosa pola undécima edición da Carreira da Muller na cidade. En total, 7.000 persoas participaron no circuíto que este ano cumpre 20 anos a súa posta en marcha no 2004. "É un orgullo ver que a cidade se compromete tanto coa cita" sinalou a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa. A edil deu a saída ás 10.00 horas na avenida de Bos Aires iniciando o percorrido de 6,5 quilómetros e fíxolle entrega dunha placa á deportista Sofía Toro, ouro olímpico e campioa do mundo de vela, en homenaxe ao seu traballo e ás mulleres deportistas. Laia González, Lara Solsona e Irati Lorza foron as tres primeiras clasificadas.
Logo da carreira o ambiente continuou na zona de meta da man de Termaria Casa del Agua, cun festival de fitness e aeróbic, Ballet Fit e Zumba a ritmo da música de Rocío DJ, animando a cita co obxectivo de celebrar unha gran festa do deporte. Nesta edición houbo 50 dorsais solidarios, en beneficio da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR.
Balance das actividades paralelas
A celebración da Carreira da Muller estendeuse a toda a fin de semana, con actividades dende o pasado venres 20. Palexco acolleu a feira da corredora, con postos solidarios e deportivos así como de patrocinadores da carreira. Onte, Oysho Running Club organizou un adestramento e unha charla con Amagoia Eizaguirre.
20 de noviembre de 2024
19 de octubre de 2024
26 de septiembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible