Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2024

O exemplar reúne trece fotografías antigas da cidade pertencentes á colección Bartolomeu-Chavert

A novena edición do Calendario Histórico da Coruña recolle 600 fitos e 30 novas efemérides

Inés Rey: “A cidade adáptase aos cambios, ás persoas, e as imaxes son a mellor testemuña para lembrar e poñer en valor eses cambios”

O Palacio Municipal de María Pita acolleu esta mañá o acto de presentación do Calendario Histórico da Coruña 2025, unha iniciativa que chega á súa novena edición e na que o Concello colabora coa Compañía de Tranvías e a Asociación de Xornalistas Deportivos para a súa difusión.

"Nesta edición temos imaxes moi evocadoras que van dos barrios ao centro, da praia a montaña e tamén algunha outra sorpresa que nos teletransportan, por exemplo, á Fábrica de Tabacos da Palloza e as súas mulleres traballadoras" sinalou a alcaldesa. As imaxes do calendario, pertencentes á colección Bartolomé-Chavert e cedidas polo coleccionista Alfonso Bartolomé para dar forma á publicación, recollen instantáneas da cidade nas que se retratan dende unha parella de mulleres nun coche pola praza de Azcárraga ou dous homes na praia do Parrote, xunto con monxas e alumnas da Compañía de María ou a boda de Pilar Martínez e Rogelio Yáñez.

Rey destacou outras imaxes nas que se representa o antigo aspecto da rúa de San Andrés como bulevar, actualmente en obras para a súa recuperación; así como unha relativa ao núcleo das Xubias, cuxa rexeneración está xa en proxecto: "A cidade adáptase aos cambios, ás persoas, e as imaxes son a mellor testemuña para lembrar e poñer en valor esos cambios" explicou.

Ademais, o calendario inclúe preto de 600 fitos históricos da cidade, ordenados día a día e recompilados polo xornalista Rubén Ventureira, autor dos textos da publicación. As citas van dende o pasado más antigo, coa primeira invasión viquinga o 1 de agosto do 844; ou a primeira referencia a Coruña como cidade no 1399. Tamén se recolle o ascenso do Básquet Coruña á ACB, unha das 30 efemérides novas desta edición.

O acto pechouse cun coloquio divulgativo sobre as imaxes do calendario, no que formaron parte Xosé Alfeirán, Rubén Ventureira e o propio Alfonso Bartolomé. Na presentación tamén interviron José Ignacio Prada, director da Compañía de Tranvías; e Alex Centeno, presidente da Asociación de Xornalistas Deportivos. A alcaldesa agradeceulle a colaboración no calendario: "ambos representades moi ben esa alma que defende a publicación deste calendario, por tradición e vinculación coruñesa mais tamén polo apoio a manter viva a nosa memoria" sinalou.

O Calendario Histórico da Coruña conta con códigos QR, accesibles dende o teléfono móbil a vistas actuais e en 360 graos das zonas que aparecen nas fotografías antigas. Está xa á venda nas principais librarías e quioscos da cidade a un prezo de 9,95 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión