28 de agosto de 2024
A celebración comeza este xoves con Rodrigo Cuevas e remata o domingo, con numerosas actividades vinculadas á tradición cultural galega
A Romaría de Santa Margarida pecha estes días as Festas de María Pita 2024. A celebración amplíase este ano a catro xornadas, coas que o Goberno de Inés Rey busca impulsar a tradición cultural galega da man das asociacións de arraigamento da cidade.
A Romaría comeza este xoves 29 cunha actuación especial de Rodrigo Cuevas. Será ás 22.00 horas no anfiteatro, e as entradas xa están esgotadas. Abrirá o concerto Pansenfron, ás 21.30 horas. Ademais, este venres tamén haberá novidades cunha actuación dobre especial no Planetario da Casa das Ciencias de Trilitrate, na que se mesturará música folk e imaxes que aproveitarán o novo sistema visual deste espazo.
O venres 30 tamén será a tradicional Gran Noite do Folclore (desde as 21.00 horas), que contará con Donaire, Xacarandaina e Son D'Aquí e que estará presentada por Caxoto. Tamén actuará a compañía de danza Óscar Cobos co seu espectáculo Bailador (22.15).
O sábado 31 desenvolverase durante todo o día na explanada da Casa das Ciencias o Espazo Participativo, con obradoiros para distintos niveis e idades, unha mostra de entidades da cidade e unha mostra de artesanía musical. Tamén haberá unha actuación de Maghúa (13.30 horas). Pola noite actuarán no anfiteatro De Ninghures (20.30), Tiruleque (22.00) e Xurxo Fernandes (23.35).
Por último, o domingo 1 ás 12.00 horas, na explanada da Casa das Ciencias, terá lugar o tradicional concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, que actuará xunto con Cántigas da Terra. Durante a xornada haberá actuacións de Pesdelán, Espadana e Caldo e a xornada rematará no anfiteatro con Fetén Fetén (20.00), Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (21.30) e Startijenn (23.10). Entre medias, haberá un espectáculo de fogos artificiais, que terá lugar ás 22.50 horas.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible