16 de agosto de 2024
O concerto, que comezará ás 21.00 horas, abre camiño a unha programación de cinco xornadas nas que terán protagonismo a Banda Municipal, a Orquestra Gaos, a Orquestra de Cámara Galega e a cantante Diana Navarro
As Festas de María Pita abren este sábado unha nova fase da súa programación co inicio da Semana Clásica, que nos vindeiros días achegará ao público a formacións tan prestixiosas como a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), a Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC), a Orquestra Gaos e a Orquestra de Cámara Galega.
Será a OSG, con Roberto González-Monjas á fronte, a que marcará o punto de partida do calendario de concertos previsto entre esta semana e a que vén. Mañá, ás 21.00 horas e na praza de María Pita, a Orquestra e o Coro da Sinfónica de Galicia interpretarán un clásico como a Novena sinfonía de Beethoven, unha actuación que será aberta ao público ata completar a capacidade prevista na explanada.
Rosalía Cid como soprano, Carmen Artaza como mezzo, Matteo Ivan Rasic como tenor e Gabriel Rollinson como barítono, serán catro dos protagonistas da actuación, na que Javier Fajardo exercerá como director do Coro.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a "calidade da programación" e tamén "a aposta do Goberno de Inés Rey polas formacións musicais coruñesas e galegas no contexto da Semana Clásica", nunhas datas tan tradicionais e marcadas no calendario da cidade como son as Festas de María Pita.
A programación continuará este domingo 18 coa BMMC
Xa este domingo 18, ás 21.00 horas, será o turno da Banda Municipal de Música da Coruña, que interpretará en María Pita 'A noite das cancións extraordinarias'. A Banda estará acompañada por Rosa Cedrón -voz de Luar na Lubre durante case unha década-, Paco Lodeiro, Xurxo Souto e Miguel Ladrón de Guevara.
Un día despois, o luns 19, Abraham Cupeiro acompañará a Orquestra GAOS nun concerto que comezará ás 21.00 horas na praza de María Pita, novamente con entrada de balde.
O martes 20 será o turno da Orquestra de Cámara Galega, que collerá o testemuño na Semana Clásica para interpretar o cuarto concerto da programación. Será, unha vez máis, en María Pita, tamén ás 21.00 horas.
O peche, coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e Diana Navarro
A Semana Clásica concluirá o vindeiro xoves 22 cunha actuación moi especial: a que levarán a cabo a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia coa cantante malagueña Diana Navarro, proposta en dúas ocasións aos premios Grammy.
Julio Awad levará a batuta durante o concerto, no que se interpretarán clásicos fundamentais na carreira da artista andaluza, como '24 rosas', 'Ojos verdes' o 'El perdón'.
A actuación terá lugar na praza de María Pita ás 21.00 horas.
También te puede interesar
29 de agosto de 2024
27 de agosto de 2024
18 de agosto de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible