18 de abril de 2023
O festival explorará diversos eidos artísticos na busca de acadar un maior compromiso coa diversidade afectivo sexual
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá a sexta edición do Corufest, un festival de artes escénicas para celebrar a diversidade en diferentes eidos da cultura e das artes escénicas. A rexedora estivo acompaña polos organizadores do evento, Gustavo del Río e Xosé Leis.
"O noso obxectivo apoiando esta iniciativa é impulsar a cultura, fomentar a divulgación en materia de igualdade e de dar visibilidade á diversidade", sinalou Inés Rey. Corufest continuará apostando polo talento galego emerxente en combinación con importantes artistas do panorama da danza e doutras artes escénicas como o teatro.
Nesta edición as sedes deste festival serán o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o auditorio e a biblioteca do Centro Sociocultural Ágora e a Fundación Luís Seoane. De novo, o programa desta edición aposta "pola divulgación e o contraste de ideas con numerosos obradoiros, xornadas e encontros nos que se reflexionará sobre a situación do colectivo LGTBI e se afondará no coñecemento sobre os creadores participantes", tal e como indicou a rexedora.
Nesta edición haberá dous espectáculos de danza, tres pezas teatrais, un encontro no Ágora, dúas xornadas de divulgación, un obradoiro de creación narrativa e tres actuacións de artistas emerxentes na Luís Seoane. "Estou segura de que a programación que hoxe se presenta satisfará a todos os públicos e permitiranos coñecer moi diversas propostas de distintos xéneros", apuntou Rey.
Programación
Danza
Los perros, de Led Silhouette e Marcos Morau
Manbuhsona, de IVONA
Teatro
Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de VACAburra
Mevadeus, de Outrora Nós
Amour, de Marie de Jongh
Los días ajenos de Bob, de Andrés Lima e Bob Pop
Encontros
Menú do Día, do Colectivo #ChamizoBelloVila
Encontro sobre creación e bullying: Roy Galán e Paco Tomás
Encontro con Bob Pop
Xanelas
Xanela identidade
Xanela Pink Washing
Domingos da Seoane
Sobre Sorpresa, de Aldaolado
Rabelo e Mondra
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible