Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2024

Á venda as entradas para a segunda función de ‘Por fin juntos’, o novo espectáculo de humor de Facu Díaz e Miguel Maldonado

Actuarán o 16 de novembro no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, ás 20.00 e ás 22.30 horas

Facu Díaz e Miguel Maldonado actuarán o vindeiro 16 de novembro por partida dobre no auditorio do Centro Sociocultural Ágora co seu espectáculo 'Por fin juntos'. O Goberno de Inés Rey prosegue coa súa estratexia de levar aos diferentes recintos municipais actuacións humorísticas de gran relevancia nacional. O Ágora xa acolleu a outros referentes como David Suárez ou Pablo Meixe.

Nesta ocasión, actuarán dous dos humoristas novos máis recoñecidos, con experiencia en televisión e radio. Con 'Por fin juntos' Miguel Maldonado e Facu Díaz repasan os seus dez anos compartindo escenario, cun espectáculo no que non faltará a súa satírica visión da actualidade política e social.

As entradas para o espectáculo das 20.00 horas xa están esgotadas e agora ábrese unha nova función, programada para as 22.30 horas, cuxos billetes xa están á venda a través de Ataquilla. As actuación terán unha duración de 90 minutos. O Concello continúa promovendo o humor dentro da súa programación cultural, sendo A Coruña un referente por iniciativas como o Encontro Mundial de Humoristas, no que xa participaron Facu Díaz e Miguel Maldonado en pasadas edicións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión