19 de outubro de 2024
O artista galego volve á Coruña no treito final de ano, ao abeiro da súa xira ‘Celtic Sea’, que nos últimos meses chegou a países como Irlanda, Escocia, Francia e os Estados Unidos
O Concello xa está a ultimar a programación de actividades culturais de cara á celebración das festas de Nadal, que incluirán a actuación do prestixioso artista galego Carlos Núñez. Será o xoves 26 de decembro (20.30 horas), no Teatro Colón.
Como xa é tradicional por estas datas, o gaiteiro máis internacional volve a casa e fará parada na Coruña para ofrecer un concerto tan emotivo como sorprendente. Inmerso na súa xira 'Celtic Sea', o músico vigués vén de percorrer países como Irlanda, Escocia, Francia e Estados Unidos para presentar o seu proxecto, que chegou a lugares emblemáticos como a catedral St. Patrick's en Dublín, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía e o Kaufman Music Center de Nueva York.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou "a aposta do Goberno de Inés Rey polos artistas e intérpretes da nosa terra, visible na programación cultural que oferta o Concello ao longo de todo o ano, e na que contamos tanto con valores emerxentes da escea musical galega como por artistas consagrados, como é o caso de Carlos Núñez".
Descontos especiais
As entradas para asistir á actuación de Carlos Núñez no Teatro Colón puxéronse á venda esta semana. As persoas interesadas en adquirir o seu pase poderán facelo a través da páxina web de Ataquilla e tamén fisicamente, no despacho de billetes da praza de Ourense, aberto en horario de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.
Tamén se habilitará a venda o propio día do concerto no Teatro Colón, sempre e cando haxa entradas dispoñibles.
Os custos dos pases van dos 18 aos 34 euros, en función da localidade escollida. Cómpre lembrar que haberá descontos especiais: do 20% para as persoas posuidoras do Carné Xove, maiores de 65 anos ou en situación de desemprego, e do 25% para familias numerosas.
14 de novembro de 2024
25 de outubro de 2024
24 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible