Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2024

Aberto o prazo de inscrición nos programas do plan ‘Coruña Educa’, con actividades culturais, sociais e medioambientais destinadas ao alumnado da Coruña

Entre os itinerarios que se desenvolverán neste curso haberá espazo para a saúde mental das crianzas, con énfase na prevención, abordaxe e xestión de conflitos, e o consumo responsable das novas tecnoloxías

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición nos diversos programas municipais incluídos na nova edición do plan Coruña Educa, que abrangue unha ampla oferta educativa destinada ao alumnado dos centros educativos da cidade, con actividades formativas e de ocio e lecer en materia cultural, social e medioambiental.

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, destacou a variedade e diversidade de propostas que hai na programación, cun total de 13 itinerarios que engloban propostas para o alumnado das Escolas Infantís Municipais, Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial.

Ademais das xa tradicionais visitas aos Museos Científicos e Bibliotecas Municipais, iniciativas como Sementando Participación e certames de ideas como o Rebumbio Matemático e o concurso Imaxina, creados para estimular a creatividade da rapazada, o plan Coruña Educa inclúe actividades no eido da seguridade viaria, con rutas pola cidade e excursións ao Centro Integral de Mobilidade (CiMob).

Ademais, entre os programas deste novo curso aténdese a cuestións asociadas á saúde mental das crianzas, con énfase na prevención, abordaxe e xestión de conflitos, o consumo responsable das novas tecnoloxías e tamén o respecto á igualdade e diversidade. Entre os obradoiros previstos tamén hai oco para, por exemplo, formación en primeros auxilios, unha medida que contará coa implicación do servizo de Protección Civil.

Cómpre lembrar que tamén terán continuidade iniciativas máis recentes e que foron moi ben recibidas polo alumnado dos centros educativos, como o programa 'Espías no tempo', que busca achegar as rapazas e rapaces coruñeses ao patrimonio da cidade e contribuír a xerar un sentimento de pertenza e a fomentar o papel educativo dos barrios como espazos xeradores de experiencias e de memoria compartida.

A isto súmase, ademais, 'A Coruña de tardes', un itinerario no que o Concello e a Federación das ANPA de centros públicos colaboran para promover actividades extraescolares que contribúen a facilitar a conciliación familiar, un dos principais compromisos adquiridos polo Goberno de Inés Rey en materia educativa.

O prazo de solicitude, xa aberto

Os centros educativos interesados en formalizar a súa participación nos diversos programas de Coruña Educa xa poden facelo na web do Concello.

A inscrición pode realizarse en liña, a través desta ligazón. O prazo estará aberto ata o 16 de outubro, con excepcións nalgúns casos, en función do programa.

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión