20 de diciembre de 2024
Os concelleiros Diana Cabanas e Gonzalo Castro visitaron esta mañá os diferentes postos
A Coruña acolle desde hoxe e ata o 5 de xaneiro a primeira edición da Feira Artesá de Nadal nos xardíns de Méndez Núñez. O evento, organizado pola Asociación Galega de Artesáns en colaboración do Concello da Coruña, avanza no compromiso do Goberno de Inés Rey por levar o comercio local e a artesanía galega á cidade. Esta mañá visitaron os diferentes postos o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.
Ambos puxeron en valor a artesanía galega como motor cultural e económico. A feira estará aberta en horario de 12.00 a 21.00 horas ininterrompidamente, dando a coñecer o traballo e obra dos catorce expositores que estarán nesta primeira edición. A feira permitirá, ademais, que as familias poidan descubrir un amplo abano de oficios tradicionais de acordo co patrimonio cultural de Galicia, como a cerámica, a xoiaría ou a fabricación de instrumentos musicais.
"O Nadal destaca por ser unha época de compras e regalos e con iniciativas coma esta queremos achegar á cidadanía a oportunidade de investir en produtos artesanais e de calidade, con selo de país, facéndollo máis accesible ao público xeral", sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Entre os catorce expositores atópanse os coruñeses Chueco (coiro), Paz Nacas e Onda (xoiaría), Artesanos del Altillo (madeira) xunto con outros de diferentes localidades galegas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible