Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2024

Ailá, Lamatumbá e Fania Blanco Show protagonizan esta fin de semana as festas de Monte Alto

O pregón destes festexos promovidos polo Concello correrá a cargo da sala de concertos Mardi Gras polo seu 25 aniversario

O barrio de Monte Alto celebrará este venres 20 e sábado 21 as súas festas, promovidas desde o Concello dentro da programación de Festas nos Barrios. O Goberno de Inés Rey continúa apostando pola deslocalización e expansión dos festexos, con numerosas actividades lúdicas para todas as idades nas diferentes zonas da Coruña.

As festas, programadas en colaboración coa Asociación Veciñal Atochas, Monte Alto, A Torre, comezarán o venres a partir das 22.00 horas cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show. Será no patio do colexio Víctor López Seoane.

O sábado 21 a xornada arrincará co primeiro Roteiro da Memoria Cívica de Santo Amaro, que se realizará no cemiterio e levará por nome 'Xente que aínda segue en nós'. Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú na rúa da Torre que contará coa actuación de Son d'aquí.

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá xogos populares no Campo de Marte para todas as idades. Tamén no Campo de Marte actuarán Desastronauts a partir das 18.45 horas. Pola noite, ás 21.45 horas, terá lugar o pregón das festas, que correrá a cargo das persoas responsables da sala de concertos Mardi Gras, que este ano celebra o seu 25 aniversario. Será no escenario da rúa da Torre, onde tamén se realizarán, a continuación, os concertos de Ailá (22.00 h) e Lamatumbá (23.30 h).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión