30 de septiembre de 2024
Durante as celebracións da Cidade Vella, do 4 ao 6 de outubro, unha homenaxe a Sito Sedes e celebrarase o festival de danza Quincegotas
Esta fin de semana, do 4 ao 6 de outubro, a Cidade Vella celebrará as Festas do Rosario 2024, cunha variada oferta de musical, gastronómica e de ocio para todos os públicos. O Goberno de Inés Rey organiza estes festexos xunto coa Asociación de Veciños da Cidade Vella. A meirande parte dos actos celebraranse na praza de Azcárraga, mais haberá eventos en diferentes espazos da Cidade Vella e a súa contorna.
As celebracións comezarán o venres ás 19.00 horas co concerto da Tuna de Veteranos. Ás 20.15 terá lugar o pregón, mentres que ás 21.00 actuará Son D'Aquí. O sábado 5 as actividades comezarán ás 10.00, con dianas e alboradas pola Cidade Vella. Ás 10.30 comezará o Torneo do Rosario de hockey prata no pavillón de Monte Alto.
Ás 12.00 horas haberá unha charla de Alejo Stivel na Casa Museo María Casares. Baixo o título 'El exilio y el rock', o vocalista de Tequila falará de diferentes aspectos da vida do artista musical. Stivel será o encargado de pechar as actuacións musicais do sábado, ás 23.45 horas. Antes, ás 21.00, actuará Riff Raff, e ás 22.00 será a quenda de O'Funkillo. Previamente, ás 13.00 horas haberá unha polbeira en Azcárraga e ás 13.30 actuarán Xulo e Carlos, que farán unha homenaxe a Sito Sedes. Ás 14.15 actuarán en Porta de Aires a formación Extraña Pareja.
O domingo volverá a haber dianas e alboradas desde as 10.00 horas. Ás 11.30 haberá combos de música moderna da escola municipal. Ás 13.00 horas actuará Giro Total na rúa Capitán Troncoso. Ás 14.15 será a quenda de Nunzia Giannota e Javi Rey en Porta de Aires. Xa pola tarde, a partir das 17.00, actuará o mago Kiko Pastur. Pechará a programación do Rosario a Banda Municipal de Música, ás 18.30 horas.
VII Festival de Danza Quincegotas
Por outra banda, coincidindo coas Festas do Rosario, celebrarase a sétima edición do Festival de Danza Quincegotas. Esta iniciativa leva desde o ano 2015 ofrecendo diferentes propostas de danza contemporánea de gran nivel a pé de rúa. Desde a súa posta en marcha, o festival logrou agrupar algunhas das mellores compañías de danza de Galicia e tamén de fóra da comunidade. Todas as actuacións serán de balde ata completar a capacidade do recinto.
O sábado 5, ás 18.00 horas, haberá catro actuacións na escalinata da Domus. Serán 'Rito', de CDAN Lugo, 'Jaranda', de Irene Naranjo, 'Eringo', de Tamara Robellat e Gala Martén, e 'Nunca bailaré solo', de Iron Skulls Co. Por outra banda, o domingo 6, ás 12.30 horas, no castelo de San Antón haberá outras tres funcións: 'Mesura', de Raquel Ferradás, 'Kyklos', de Javito Mario, e 'Latente', de Ana F. Malero. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, tamén no castelo de San Antón haberá outras catro actuacións: 'Contrabandistas', do Conservatorio da Coruña, 'IN-SIDE', de Lucía Montes & Mado Dallery, 'A raíz de', de Daniel Rodríguez, e 'Vibra!', de Arnau Pérez.
13 de marzo de 2025
12 de marzo de 2025
11 de marzo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible