14 de novembro de 2019
Comeza a ser frecuente nos últimos anos, ter algunha alerta vermella. Esta foi unha das que máis desfeitas causou.
Á alerta vermella no mar uníase unha alerta laranxa en terra por fortes ventos e choivas intensas. Os parámetros das ondas e as horas das mareas, a dirección do vento e a súa forza, así como a forte borrasca, indicábannos que o día ía ser intenso, e así foi. Non se lembran tantas intervencións en tan pouco período de tempo. Desde as 11:30 horas da mañá e ata as 2:00 horas da madrugada, máis de 100 intervencións en toda a cidade. Os teléfonos non deixaron de soar desde as 11:30 horas ata aproximadamente as 16 horas da tarde, momento en que foron baixando paulatinamente. As dotacións xa enlazaban intervencións e non pararon ata as 20:30 horas, hora na que se lles deu un pequeno descanso para "comer" (que máis ben xa era a cea). A coordinación e o traballo en grupo foi fundamental, tanto internamente como co resto de corpos de seguridade e emerxencias. Non se rexistraron perdas humanas, pero si cuantiosos danos materiais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible