13 de diciembre de 2023
Hoxe abriuse o prazo de inscrición na primeira das actividades previstas: o contacontos ‘Regalos’, de Estrella Ortiz, ideado para nenas e nenos de 3 a 5 anos. Terá lugar o día 20 en Durán Loriga
Coas festas de Nadal xa ás portas, o Concello reforza a súa programación cultural con vistas á última quincena do ano, na que cobrarán protagonismo as Bibliotecas Municipais, con obradoiros infantís e contacontos ideados para as nenas e nenos en idade de 3 a 8 anos.
As actividades, que se levarán a cabo entre os días 20 e 27 de decembro, terán lugar nas bibliotecas de Durán Loriga e o Fórum Metropolitano. A asistencia será de balde, con inscrición previa. Neste sentido, os prazos de solicitude para participar nas actividades infantís iranse habilitando entre esta semana e a vindeira, de forma progresiva.
A este respecto, hoxe abriuse o prazo de inscrición na primeira das actividades previstas, o Nadal de letras e xogos que inclúe un contacontos do libro 'Regalos', de Estrella Ortiz.
A programación completa, por datas e horarios, é a seguinte:
Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro 'Regalos', de Estrella Ortiz
As e os pequenos de 3 a 5 anos poderán gozar cun contacontos, 'Regalos', de Estrella Ortiz, que achega unha historia moi propia destas datas, con ideas para agasallar as persoas máis queridas da familia.
Ao rematar o contacontos, a rapazada participará nun obradoiro, no que crearán neve e farán o seu propio boneco de Nadal.
Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro 'El festín de Navidad', de Nathalie Dargent
As nenas e nenos de 6 a 8 anos asistirán a un espectáculo de contacontos do libro 'El festín de Navidad', de Nathalie Dargent, baseada nunha historia conxunta protagonizada por un lobo, un raposo, unha donicela e unha pava. Ao remate do contacontos, terá lugar un obradoiro de decoración de Nadal no que os pequenos poderán elaborar grilandas, propias destas datas.
As cousas que importan: un Nadal en familia
As nenas e nenos de 4 a 6 anos poderán gozar dun contacontos e, posteriormente, haberá un obradoiro especial para celebrar o Nadal na biblioteca do Fórum Metropolitano. A través desta actividade, as crianzas descubrirán formas de vivir o Nadal a través de xogos e historias que reflicten o espírito desta época tan especial.
Nadal de letras e xogos: Presentación do conto 'Aventura na Fraga Máxica'
O día 27 de decembro, Marita Muñiz Rial estará na Biblioteca Municipal de Durán Loriga para presentar o seu primeiro conto, 'Aventura na Fraga Máxica'. Aproveitando o evento, fará un contacontos da súa historia, así como dous obradoiros, para crianzas de 5 a 8 anos.
'Aventura na Fraga Máxica' inspírase nunha historia persoal de Muñiz Rial nas Fragas do Eume, evocada en forma de relato para concienciar sobre o importante que é coidar e preservar a natureza.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible