Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2023

Un amplo dispositivo da Policía Local informará ás persoas condutoras das alternativas

As obras da nova glorieta obrigarán a cortar parcialmente a rúa Ramón y Cajal ata o 3 de marzo

Instalarase nova sinalización e alterarase o sentido de algunhas rúas para facilitar a fluidez do tráfico

Os traballos para a creación dunha glorieta na confluencia entre a rúa Ramón y Cajal e a avenida do Exército obrigará a cortar parcialmente a rúa Ramón y Cajal do luns 13 de febreiro ás 9.30 horas ao venres 3 de marzo. Esta alteración do tráfico é indispensable para o avance dos traballos que se están levando a cabo.

O Concello, a través da súa área de Mobilidade, porá a disposición da cidadanía unha serie de opcións alternativas para a circulación na contorna. Os vehículos que circulen por Ramón y Cajal en dirección á avenida do Exército poderán empregar a avenida de Oza ou a rúa Nicomedes Pastor Díaz, que cambia de sentido de circulación, e  Manuel Piñeiro Pose para saír da cidade. Os condutores poderán, así mesmo, circular ata a rúa Río Monelos, onde poderán xirar á esquerda para acceder á avenida do Exército ou á dereita, en dirección a Alcalde Marchesi.

Os vehículos que accedan á cidade pola avenida do Exército e o seu cruzamento con Ramón y Cajal, terán varias alternativas: a avenida de Alfonso Molina á altura da ponte Pasaxe, a avenida de Oza ao seu paso polos Castros, a glorieta de acceso á rolda de Outeiro e a rúa Concepción Arenal, vía que se poderán empregar os usuarios que accedan desde a estrada de acceso ao Porto.

As persoas residentes e usuarios dos garaxes públicos e privados da rúa Ramón y Cajal en sentido Salgado Torres poderán utilizar, tanto para entrar como para saír, o acceso desde a avenida de Oza, que será de dobre sentido. Os buses urbanos que circulan en dirección saída cidade e xiran na rúa Ramón y Cajal desde a avenida do Exército desviaranse pola Costa da Palloza, Catro Camiños e avenida de Oza. Os que circulen pola rúa Ramón y Cajal en dirección á avenida do Exército xirarán á esquerda na avenida de Oza. Os buses que xiraban desde a avenida do Exército cara Ramón y Cajal circularán pola avenida de Oza desde os Castros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión