29 de junio de 2024
A cidade herculina abriu a nova tempada de competición da Eusko Label Liga e Euskotren Liga. As embarcacións de Bermeo Urdaibai e Donostia Arraun Lagunak foron as gañadoras da xornada
A enseada de Riazor e o Orzán acolleu esta tarde a celebración do trofeo Bandeira Cidade da Coruña, correspondente á primeira xornada da nova tempada de traiñeiras da ACT, que inclúe dúas competicións: a Eusko Label Liga, con tripulacións masculinas, e a Euskotren Liga, con tripulacións femininas.
Ao igual que o ano pasado, a cidade herculina abriu camiño ao inicio do curso de traiñeiras, no que participan clubs de Euskadi e tamén galegos. Cabo de Cruz, Bueu e Tirán representaron hoxe a Galicia nas regatas disputadas ao longo da xornada, que comezou pouco despois das 17.00 horas e estendeuse ata finais da tarde.
As embarcacións participantes na Euskotren Liga, a categoría feminina, foron as encargadas de abrir o día de competición, con dúas tandas consecutivas, nas que resultaron vencedoras Donostia Arraun Lagunak e Tolosaldea Arraun Kluba, sendo a primeira a que acadou o mellor tempo e se coloca primeira clasificada. Xa a continuación, os clubs que toman parte na Eusko Label Liga, a categoría feminina, disputaron outras tres tandas, nas que os mellores tempos obtivéronnos Orsa Hondarribia, Amenabar Donostiarra e Bermeo Urdaibai, conseguindo esta última o mellor tempo e colocándose líder.
A minixira galega da ACT chega mañá a Bueu
A celebración do trofeo Bandeira Cidade da Coruña que tivo lugar este sábado 29 na cidade foi a primeira parada da minixira galega que levarán a cabo os clubs que compiten esta tempada nas ligas de traiñeiras.
Mañá, domingo 30, os equipos disputarán a segunda xornada en augas do concello pontevedrés de Bueu. O calendario de competición continuará na primeira fin de semana de xullo no País Vasco, na cidade de Donosti e o municipio de Zierbena.
30 de junio de 2024
27 de junio de 2024
27 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible