Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de mayo de 2024

A comisión executiva da Fundación aprobou o nomeamento transitorio da xestora cultural, experta en conservación e restauración do patrimonio

Carmen Jiménez dirixirá temporalmente a Fundación Luís Seoane ata a elección da nova dirección mediante concurso

Realizará unha dobre función como directora e conservadora da Fundación na que xa traballara, inventariando a obra non gráfica de Seoane

A Comisión Executiva da Fundación Luís Seoane aprobou o nomeamento transitorio de Carmen Jiménez Jiménez, experta en conservación e restauración do patrimonio. O nomeamento é provisional en substitución da antiga directora da Fundación, Silvia Longueira. A nova dirección definitiva da entidade escollerase por concurso, cuxo proceso selectivo abrirá nos vindeiros meses. 

Carmen Jiménez realizará unha dobre función, como conservadora e coordinadora da dirección da Fundación Luís Seoane. Jiménez, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, cursou o posgrao en Patrimonio e Xestión de Bens Culturais e colaborou coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia titorizando diversos proxectos de conservación.

Jiménez xa traballara na Fundación realizando labores técnicos de inventariado da obra non gráfica de Luís Seoane, informando do estado de conservación e prioridades de restauración da obra. Ademais, durante a súa traxectoria laboral, dirixiu e realizou importantes proxectos de restauración. Destacan os traballos sobre diversas obras de Urbano Lugrís para a Fundación Caixa Galicia, así como de Laxeiro e Carlos Maside. Tamén coordinou a restauración da fachada do edificio modernista "Os Cisnes" da praza de Lugo e dos retablos maiores dos mosteiros de Santa María de Oia e Santo Domingo de Tui, traballando para a Dirección Xeral de Patrimonio de Galicia.

Tamén traballou como xestora do espazo cultural da Casa Museo Picasso da Coruña entre os anos 2017 e 2019, presentando importantes obras da etapa coruñesa de Picasso como  «La alternativa» e «Retrato de hombre viejo». Nos últimos anos foi comisaria de máis de 15 exposicións nacionais e internacionais, levando a obra de Andy Warhol e Pablo Picasso a cidades como Beijin e Shangai. Actualmente estaba á fronte da dirección técnica do Museo Bea Rey, dedicado á artista coruñesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión