Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2019

Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Sumándonos á 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, que propón crear símbolos humanos da paz nos centros educativos.

O Concello de A Coruña  súmase  á  actividade proposta para este ano dentro do proxecto 2ª Marcha mundial pola paz e a non violencia, que comenzou en Madrid o 2 de outubro do 2019 e está a percorrer o mundo até o 8 de marzo de 2020.

Esta acción, prevista para o vindeiro 30 de xaneiroDía Escolar da Non Violencia e a Paz, está baseada nesta ocasión en dous piares fundamentais: a lectura do Compromiso Ético da marcha mundial e a realización práctica de símbolos pola Paz e a Non Violencia, xa realizados previamente por outros menores.

A iniciativa está dirixida ao alumnado de todos os centros educativos de primaria da cidade e ten como obxectivo promover a paz e a non violencia e visibilizar as accións realizadas por nenas e nenos de todos os continentes.

Todos os centros educativos que o desexen poden sumarse a esta acción inscribíndose na seguinte ligazón: Inscrición Símbolos Humanos.

Aquí podes tamén ver o vídeo da iniciativa impulsada polo Concello.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión