Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

5 de abril de 2025

Centos de persoas visitaron hoxe no Ágora a festa da artesanía ‘Oficios en Acción’

Unha intensa xornada de obradoiros e actividades permitiu á cidadanía descubrir e experimentar os oficios artesáns tradicionais galegos

O Centro Sociocultural Ágora acolleu hoxe unha nova edición de Oficios en Acción, a festa da artesanía organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Artesáns. Centos de persoas participaron ao longo da xornada nas distintas actividades, obradoiros e demostracións en vivo, nun evento pensado para divulgar, preservar e poñer en valor os oficios artesanais galegos.

A iniciativa, que se enmarca nas políticas do Goberno de Inés Rey de apoio á cultura e ao tecido creativo local, consolídase como unha cita de referencia na cidade para a difusión da artesanía. Durante todo o día, as aulas do Ágora enchéronse de actividade, acollendo obradoiros nos que as persoas participantes puideron aprender técnicas como a encadernación xaponesa, a creación de xoiería en cera, a elaboración de pezas de cerámica con técnica Kurinuki ou o traballo co coiro, entre outras.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, que asistiu á xornada, puxo en valor o carácter didáctico e participativo da actividade, subliñando "a importancia de seguir creando espazos que permitan á cidadanía achegarse aos oficios artesáns e recoñecer o seu valor como parte do noso patrimonio cultural", sinalou.

A diversidade de propostas, repartidas en cinco aulas do centro, permitiu que persoas de todas as idades puidesen gozar dunha xornada aberta e gratuíta. Desde familias con nenos ata persoas interesadas no mundo da artesanía profesional, todas atoparon espazos de aprendizaxe e inspiración.

A organización lembra que, debido ao éxito de participación e á limitación de prazas, é recomendable realizar a inscrición previa para futuras edicións do evento a través da web oficial da Asociación Galega de Artesáns.

O Concello da Coruña anima a continuar apoiando a artesanía local como expresión viva da nosa cultura e motor de dinamización social e económica.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible