27 de julio de 2024
Poderá visitarse ata o vindeiro 25 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez
A Feira de Artesanía Mostrart abriu esta mañá a súa 40ª edición nos Xardíns de Méndez Núñez, con 43 casetas e 70 profesionais da artesanía (55 galegos, 14 de outras comunidades autónomas e un taller francés). O cartel é creación deo ilustrador Javier Fernández Carrera 'Pintu', quen representou o traballo das mulleres artesás.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, e a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, acompañaron á Asociación Galega de Artesáns na apertura oficial da feira, organizada pola entidade en colaboración co Concello. Castro destacou o evento como unha das citas históricas do verán coruñés: "Cada ano o mellor da artesanía galega volve aos xardíns para mostrar á cidadanía os oficios tradicionais do país, poñendo en valor a nosa cultura e historia como parte indubidable da nosa identidade" sinalou.
Nesta 40 edición volve o programa de obradoiros artesanais 'Oficios ao Sol', con diferentes actividades gratuítas abertas á participación cidadá co obxectivo de dar a coñecer os oficios tradicionais de Galicia. Celebraranse todos os luns e martes durante a celebración da feira, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, con previa inscrición no stand de información da feira, e están orientados a todas as idades. En total impartiranse oito obradoiros de diferente tipo, dende o 29 de xullo ao 19 de agosto.
Gonzalo Castro lembrou a aposta do Goberno de Inés Rey pola organización de eventos vinculados á artesanía da man da Asociación Galega de Artesáns, coa celebración o pasado mes de abril dos Días Europeos da Artesanía. "A Coruña festexou a efeméride cunha decena de obradoiros gratuítos no Ágora que tiveron un gran seguimento por parte dos máis pequenos e pequenas" lembrou.
Ademais, durante a primeira quincena de agosto, a feira contará con KUKUmobil, unha casa rodante onde a tecedora alemá Andrea Milde que ensinará o seu proxecto téxtil.
Mostrart poderá visitarse ata o vindeiro 25 de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 horas, nos Xardíns de Méndez Núñez. Pódese consultar o listado de expositores da feira nesta ligazón.
26 de julio de 2024
23 de julio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible