Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2024

Comeza a romaría do barrio dos Castros, con dous días de actuacións e actividades

Son d’Aquí e Tiruleque amenizarán a foliada popular, xunto con outras actividades culturais e dous xantares

Os veciños e veciñas dos Castros gozarán esta semana dunha Romaría, con dous días de música e actividades para todos os públicos. A cita enmárcase na liña posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para o apoio das Festas nos Barrios como ferramenta de dinamización social e económica da cidade.

A romaría terá lugar no Parque de San Diego. Comezará mañá, luns 15 de xullo, a partir das 11.00 horas cunha alborada a cargo do Grupo Xebre, seguida da actuación familiar da man dos Monifates, ás 12.30 horas e con outra cita ás 18.00 horas da tarde. Ás 13.30 horas comezará o xantar popular, con churrasco, e amenizado novamente polo Grupo Xebre.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, haberá xogos populares e actividades vinculadas á memoria do barrio, da man da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros. Ás 20.00 horas a festa continuará coa foliada popular da man de Tiruleque e Son d'Aquí.

A segunda e última xornada será o martes 16 de xullo e comezará a partir das 11.00 horas con Son d'Aquí. Seguirá ás 12.30 horas coa actuación de circo e malabares de Simplemente Enricco e rematará co xantar popular, amenizado por Son d'Aquí.

A Romaría dos Castros está organizada pola Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros en colaboración co Concello da Coruña.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión