26 de octubre de 2024
O Goberno de Inés Rey acometerá a renovación do firme de caucho, e, ademais, instalará unha nova torre dobre con tobogáns, ideada para o gozo de nenas e nenos en idade de 2 a 8 anos
O Concello dalle un novo pulo ao plan integral de mellora dos parques infantís da cidade, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de adecuar as infraestruturas de xogo en termos de accesibilidade e seguridade, atendendo ás necesidades detectadas en cada unha delas.
Se no último mes se acometeu a substitución do pavimento na área de xogos infantís de Monelos, agora é o turno do parque infantil Carlos Casares, situado entre o sector norte do barrio de Monte Alto e a contorna da Torre de Hércules, e que, pola súa localización, máis exposto á fachada marítima, esixe tarefas de mantemento máis frecuentes tanto dos espazos de xogo como do mobiliario urbano alí habilitado.
Neste sentido, a Concellaría de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as actuacións no parque infantil esta semana, cunha folla de ruta que inclúe, en primeira instancia, a instalación de novos elementos de xogo. Concretamente, unha torre dobre con tobogáns, con capacidade para 20 persoas usuarias, en idade de 2 a 8 anos. Xa a posteriori levarase a cabo a substitución do firme de caucho, que será renovado por completo.
Trátase dunha intervención na que o Concello levará a cabo un investimento de algo máis de 41.000 euros "para seguir avanzando no cumprimento dun dos principais compromisos asumidos polo Goberno de Inés Rey: mellorar a calidade dos espazos públicos da cidade e que estean abertos a toda a cidadanía".
16 de noviembre de 2024
12 de noviembre de 2024
10 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible