Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de agosto de 2022

Comeza o prazo para solicitar as axudas de 2.000 euros para autónomos e pequenas empresas

Estas axudas municipais deberán destinarse ao pago das cotas da Seguridade Social

Este martes 16 de agosto comeza o prazo para solicitar as axudas de 2.000 euros que concede o Concello da Coruña ás persoas autónomas e as pequenas e medianas empresas. O obxectivo desta medida do Goberno de Inés Rey é manter e impulsar a súa actividade económica durante este ano 2022.

A finalidade desta convocatoria dotada con 400.000 euros é promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hostaleiro e, en xeral, empresarial, así como apoiar o mantemento e creación de emprego que xera este sector económico na nosa cidade tras a crise provocada pola pandemia da COVID-19. Dito tecido empresarial está composto, na súa maioría, por microempresas e persoas traballadoras autónomas, a quen se dirixen estas subvencións para o mantemento da actividade económica.

O importe máximo que poderá recibir cada persoa ou entidade será de 2.000 euros e deberá destinarse ao pagamento das cotas da Seguridade Social ou das mutualidades dos seus respectivos colexios profesionais. Poderá ser subvencionable o 100 % do gasto por este concepto ata un máximo de 7 cotas, no período entre xaneiro e xullo do 2022.

O prazo para a presentación das solicitudes comeza mañá e prolongarase ata o 16 de setembro. As persoas interesadas deberán presentar unha declaración responsable en liña na Sede electrónica do Concello da Coruña. Esta subvención é compatible con calquera outra outorgada por outras institucións ou entidades públicas ou privadas.

O Goberno municipal de Inés Rey reforza deste xeito o seu apoio ao tecido empresarial e económico na cidade nun momento de máxima incerteza tras a crise sanitaria que obrigou ao peche temporal de negocios e a restrinxir o acceso en moitos casos. O Concello da Coruña abonou no 2021 máis de 2,5 millóns de euros en axudas directas a autónomos e pequenas empresas a través do seu programa PRESCO, sendo a primeira administración local en aprobar este tipo de subvencións destinadas a paliar os efectos da COVID-19 nos negocios locais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión