13 de marzo de 2024
Os traballos teñen o obxectivo de reforzar a seguridade peonil nas rúas da contorna, dando resposta a unha solicitude da veciñanza no sector sur do barrio de Monte Alto
O Concello da Coruña comezou hoxe as obras de construción dun novo paso peonil elevado que permitirá mellorar a mobilidade no cruzamento entre as rúas Campo de Artillaría e Alcalde Folla Yordi, no barrio de Monte Alto.
Os traballos, promovidos polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de adecuar os percorridos peonís nas rúas lindeiras á praza do Campo de Artillaría, lévanse a cabo baixo a premisa de reforzar a seguridade das e dos peóns, contribuíndo a pacificar o tráfico na contorna.
O plan de obra, que arrancou esta mañá coa instalación dos valados que acoutan a área de intervención, contempla un prazo de execución de tres semanas, período no que os operarios acometerán a elevación dun paso peonil en raso xa existente. Desta forma, tamén se facilitará o tránsito das persoas con mobilidade reducida entre as beirarrúas do cruzamento entre Campo de Artillaría e Alcalde Folla Yordi, dado que o novo paso peonil elevado conectará ambas as dúas e os accesos quedarán á mesma altura, evitando así un obstáculo, por exemplo, ás persoas en cadeira de rodas.
Coa posta en marcha desta actuación, o Concello dá resposta a unha solicitude da veciñanza do barrio e, máis en concreto, das persoas residentes na contorna da praza do Campo de Artillaría e a travesía da Torre.
"Actuacións como esta, moi necesarias para mellorar o día a día da cidadanía en termos de mobilidade, complementan o plan de revitalización dos barrios que está a impulsar o Goberno de Inés Rey. A creación deste novo paso peonil preto do Campo de Artillaría forma parte do noso proceso de escoita e atención ás veciñas e veciños, unha iniciativa que, pouco a pouco, vai dando os seus froitos", destacou hoxe a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa.
21 de mayo de 2024
20 de mayo de 2024
10 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible