Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2024

Comezan as obras de reurbanización de Pla y Cancela, con máis espazo para os peóns e novo mobiliario e zonas verdes

O Goberno de Inés Rey prosegue creando espazos urbanos de calidade para o uso e gozo da cidadanía

O Concello da Coruña comezou esta semana os traballos de reurbanización da rúa Pla y Cancela, que suporá a ampliación das zonas peonís, así como a renovación da rede de recollida de augas residuais, a creación dunha nova rede de recollida de augas pluviais nun tramo de Juan Castro Mosquera, novo arboredo e especies vexetais e a instalación de novo mobiliario urbano. Esta actuación enmárcase dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de dotar os barrios da Coruña de novos espazos urbanos de calidade centrados no seu uso peonil.

Na rúa Pla y Cancela ampliaranse as beirarrúas para mellorar a súa accesibilidade nas zonas de máxima pendente. Concretamente, traballarase no tramo comprendido entre os números 26 e 28, así como no cruzamento coa rúa Juan Castro Mosquera e nos pasos de peóns de dito espazo, elevándose ata un total de seis. Para mellorar a accesibilidade manteranse os aparcadoiros en liña en ambas as marxes entre os cruzamentos de Juan Castro Mosquera e Costa da Unión. Por outra banda, crearanse novos aparcadoiros na rúa Juan Castro Mosquera, que pasará a ser dun só sentido de circulación e estacionamento en batería e ambas as marxes. Tamén se renovará o pavimento de toda a rúa.

Por outra banda, a rede de saneamento de augas residuais será renovada, tanto en Pla y Cancela como na rúa Juan Castro Mosquera. Nesta última tamén se creará unha rede separativa de recollida de augas pluviais. No cruzamento entre Pla y Cancela con Juan Castro Mosquera, ao eliminarse un dos sentidos de circulación, crearase unha estancia pública con novas zonas verdes e mobiliario. Tamén se mellorará a accesibilidade e seguridade das paradas do autobús con nova sinalización na vía e a ampliación da beirarrúa. Tamén se ampliarán as ablaqueacións do arborado existente para evitar o levantamento das beirarrúas e se instalarán novos bancos ao longo de Pla y Cancela. Ademais, acometaranse as podas precisas durante as obras para redimensionar o arborado e impedir molestias aos veciños e veciñas.

A superficie total que se renovará é de 6.500 metros cadrados, ascendendo as zonas verdes e beirarrúas a 3.170 e a calzada a 3.400 metros cadrados. O prazo de execución das obras será de seis meses e o orzamento ascende a 1,1 millóns de euros, financiados a través de fondos europeos Next Generation.

As actuacións previstas obrigarán desde o vindeiro xoves ás 9.30 horas a establecer cortes de tráfico con paso alternativo e regulación semafórica. As obras, ademais, afectarán tamén temporalmente á parada do bus desa rúa, que quedará suprimida. O propio xoves persoal de Tranvías informará ás persoas usuarias sobre as alternativas. O bus desviarase por Juan Flórez recuperando o itinerario habitual pola ronda de Nelle. Os usuarios poderán empregar as paradas existentes xunto ao colexio Labaca, na rúa Nicaragua ou na ronda de Nelle á altura da pasarela da Falperra.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión