14 de septiembre de 2024
A execución dos traballos teñen unha duración estimada de catro semanas e estarán coordinados por Rocío Lopo
O Concello iniciou o desmonte da peza, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu valor histórico
O Concello da Coruña iniciou esta semana a desmontaxe do Cruceiro de Labañou para proceder á súa restauración. Os traballos comezan logo dos procedementos administrativos requeridos como Ben de Interese Cultural (BIC) para iniciar a intervención, cumplindo así cunha demanda dos veciños e veciñas do barrio de Labañou.
A restauración conta cun orzamento de 14.000 euros e atenderá tanto ás necesidades de reparación existentes como á mellora do estado de conservación e preservación do elemento para os vindeiros anos. Os traballos centraranse, principalmente, no tratamento de faltantes e restablecemento de elementos decorativos, xunto coa limpeza e eliminación de vexetación e microorganismos e a aplicación de métodos de control para a ploriferación dos mesmos (especialmente vexetación adventicia, briofitos, fungos, algas e liques). Tamén se nivelarán e modificarán, se procede, os rasantes e firmes actuais mellorando a planitude da superficie.
De acordo co itinerario marcado, o Concello iniciou o desmonte para o seu traslado aos talleres, onde se realizará o siglado e clasificación das pezas do cruceiro, restauradas e reinstaladas posteriormente. A intervención está coordinada pola restauradora e conservadora Rocío Barreiro Lopo, graduada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Logo da realización dos traballos, a restauración entregarase a valoración pola dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa súa natureza de Ben de Interese Cultural.
A concelleira de Mobilidade e Infraestructuras, Noemí Díaz, destacou a acción como recuperación dun símbolo do barrio: "O Goberno de Inés Rey recupera así unha peza que fala da historia do barrio e da historia da Coruña, cun importante valor patrimonial e avanzando na recuperación dos elementos culturais e históricos da cidade".
O Cruceiro de Labañou, Ben de Interese Cultural
O denominado 'Cruceiro de Labañou' foi declarado BIC pola súa relevancia material e cultural cuxa orixe podería estar vinculada principalmente a dous factores.
Dunha banda, á instauración dos canons iconográficos trentinos, fundamentalmente tras a finalización do Concilio Provincial de Compostela no 1565. Por outra, ao afianzamento e expansión do franciscanismo laico da Venerable Orde Terceira (VOT) na Coruña entre os anos 1673 e 1834.
Ambas cuestións contribuíron á conformación do novo imaxinario relixioso do período e, posiblemente, ao reforzamento e predominio dos cruceiros na cultura popular de Galicia.
18 de octubre de 2024
16 de octubre de 2024
16 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible