Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2024

Convocatoria de setembro de 2024

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro 2024

As persoas interesadas pódense preinscribir os días 2,3 e 4 de setembro

Preinscrición: 2, 3 e 4 de setembro

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase leste Formulario de preinscrición en actividades . Este formulario estará dispoñible desde as 08.00 h do luns 2 de setembro ata as 23.59 h do mércores 4 de setembro nesta web municipal.

Pódense consultar as actividades de cada centro en conxunto nesta páxina /servizossociais/gl/actividades/actividades-convocatoria-setembro-2024 e tamén, explicadas individualmente, en cada páxina de cada centro cívico e presencialmente en cada un dos centros cívicos correspondentes.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.

Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis (iniciación e perfeccionamento, grupo 1 e grupo 2, mañá e tarde etc.) considéranse unha mesma actividade, mais só será posible formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, quedarán anuladas ambas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao número de teléfono 881152161 en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, os mesmos días 2,3 e 4 de setembro.

Cada persoa que realice a preinscrición telefonicamente só poderá xestionar 3 solicitudes.

Clubs

Son actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • As preinscricións dos clubs serán unicamente para cubrir prazas vacantes daqueles que dispoñen de praza e non teñen listaxe de agarda. Isto é debido a que a convocatoria ordinaria para os clubs é anual.
  • Estas preinscricións realizaranse nas conserxarías de cada centro cívico en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 horas, os días 2,3 e 4 de setembro. Excepto no CC Castro de Elviña que será de 11.00 a 13.00 h e de 16.00 a 20.00 h.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir o impreso que se lles proporcionará nas consexarías, no que só se poderá solicitar 3 clubs como máximo.
  • O sorteo será en cada centro cívico, o mesmo día que o das actividades.

Publicación das listaxes de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos: 9 de setembro

As listaxes das actividades socioculturais poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

As listaxes dos clubs en cada un dos centros cívicos.

Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 10 de setembro

En horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 h no teléfono de información cidadá 010.

Sorteo público: 11 de setembro

Realizarase en cada centro cívico ás 10.00 h.

Publicación das listaxes de admisións e de agarda: 20 de setembro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.

Prazo de inscrición e pagamento de taxas para as persoas admitidas:

Será preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 23,24 e 25 de setembro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.

Para aquelas persoas que non poidan realizar o pagamento desa maneira, poderán realizalo imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con tarxeta de crédito (ABANCA ou SANTANDER).

Unha vez pagado na entidade bancaria deberan entregar na conserxaría do centro correspondente, e dentro do prazo establecido, o xustificante de pagamento, pois de non ser así perderase o dereito á praza na actividade.

En caso de non cubrirse todas as prazas ao final da convocatoria, anunciaranse mediante un cartel en cada centro cívico as vacantes que queden dispoñibles en actividades/clubs.

A cota das actividades dependerá do número de horas que aplica a Ordenanza número 43.-Reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto. Tamén son gratuítos os clubs que están dirixidos por persoas voluntarias.

As persoas solicitantes de actividades gratuítas e clubs, deberán de formalizar a preinscrición en prazo e CONFIRMARÁN (ben presencial ou por teléfono) no centro cívico, ao servizo de consexaría, a súa asistencia á actividade nos días estipulados para o pagamento (23,24 e 25 de setembro).

  • *A inscrición definitiva na actividade de cada centro cívico non se fará efectiva ata a presentación no mesmo Centro Cívico do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público que corresponda, excepto as persoas que o fagan directamente en liña. Este trámite deberá realizarse dentro do prazo e horarios arriba indicado. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e o Centro Cívico que corresponda.

Procedemento de pagamento

Nas listaxes de persoas admitidas e de agarda figurará un código, que haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pagamento. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa, terá un código diferente polo que cada actividade terase que abonar por separado. O mesmo código non vale para todas as actividades.

O pagamento realizarase preferentemente en liña a través da plataforma de pagamento en liña habilitada.

O pago tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pagamento e presentándoa no banco ou caixeiro. A continuación hai que levar o xustificante de pagamento ao centro cívico onde se vai a desenvolver a actividade para que conste que se abonou.

O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: ABANCA e Banco Santander.

Listaxes de agarda.

  • As listaxes de agarda das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxaría do centro cívico correspondente os días 26,27 e 28 de setembro.

As persoas admitidas a partir da listaxes de agarda deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pagamento establecido anteriormente.

  • No caso de que un club ou actividade non teña listaxe de agarda, poñerase un cartel no centro correspondente indicando o número de prazas dispoñibles para completar grupo.

Data de inicio de actividades:

A partir do día 1 de outubro

Data do fin de actividades:

O día 14 de decembro

NOTA: Cada actividade ten unha idade determinada para anotarse nela e que aparece no documento de actividades coa clasificación seguinte: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería á clasificación será:

Infancia: de 4 a 12 anos

Mocidade: de 13 a 17 anos

Interxeracional: A partir de 18 anos

Maiores: A partir de 65 anos

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión