13 de xaneiro de 2022
Desde este xoves xa está dispoñible a inscrición no Medio Maratón Coruña21. A cita será o próximo 13 de febreiro.
O 13 de febreiro A Coruña volverá vivir outra das súas grandes citas populares coa celebración da décimo cuarta edición do Medio Maratón Coruña21. Desde este xoves 13 de xaneiro xa é posible inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com. O prazo finalizará o próximo 6 de febreiro.
A proba está integrada unha vez máis no calendario da Real Federación Española de Atletismo, e desenvolverase por un circuíto homologado pola dita federación. A inscrición será de 18 euros no primeiro prazo ata o 30 de xaneiro; de 30 euros para as persoas inscritas no segundo prazo (desde o 31 de xaneiro ata o 6 de febreiro); e de 40 euros para as que se inscriban entre o 7 e o 8 de febreiro.
Establécense condicións especiais para as persoas desempregadas e xubiladas, que terán un desconto do 50% da cota que lles corresponda.
As categorías de participación na proba son:
Categoría | Ano de nacemento |
Sub-20 | 2003-2004 |
Sub-23 | 2000-2001-2002 |
Sénior | Desde o 1999 e anteriores ata a categoría máster |
Master 1 | De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba |
Master 2 | De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba |
Master 3 | De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba |
Master 4 | De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba |
Master 5 | De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba |
Master 6 | De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba |
Master 7 | A partir de 65 anos cumpridos no día da proba |
Tanto en categoría masculina como feminina, haberá premios en metálico para as cinco primeiras persoas clasificadas. Tamén haberá premios para os/as mellores galegos e galegas e os/as mellores coruñeses e coruñesas. De novo este ano hai un premio económico especial ao récord da proba. As marcas para bater son na categoría masculina 1h 02' 30" e na feminina 1h 11' 16".
En definitiva, unha nova oportunidade de gozar do running na cidade herculina e de seguir aumentando a marea de corredores/as que inundan as nosas rúas cada día.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible