Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2024

Dani Martín actuará na Coruña o 16 de maio do 2026

As entradas para a única actuación confirmada do artista en Galicia sairán á venda mañá, xoves 21, ás 12.00 horas

Dani Martín actuará na Coruña o 16 de maio de 2026 (21.00 horas) dentro da súa xira '25 p*t*s años' na que repasará todos os grandes éxitos da súa carreira musical, desde a súa etapa en El Canto del Loco ata converterse coa súa propia banda dun dos artistas de pop máis importantes do país.

O Goberno de Inés Rey avanza deste xeito na programación musical e cultural da cidade para os próximos anos, sendo este o primeiro concerto confirmado no Coliseum para o 2026 e o único que ofrecerá Dani Martín en Galicia. "A Coruña continuará sendo o gran referente musical do noroeste grazas a unha programación que vai dos pequenos espazos aos grandes concertos nacionais e internacionais", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Tras esgotar as entradas para as súas primeiras actuacións da súa nova xira, Dani Martín, dez concertos consecutivos no WiZink Center, este xoves 21 ás 12.00 horas sairán as entradas para o resto de datas confirmadas para o 2026, incluíndo o concerto do 16 de maio no Coliseum. As entradas poderán adquirirse a través de El Corte Inglés ou na páxina web www.danimartin.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión