19 de noviembre de 2024
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou esta mañá na xornada organizada pola Fundación Mujeres e que conta coa colaboración do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Emprendedora. O acto tivo lugar no centro de emprego Accede Papagaio.
A concelleira reafirmou "o compromiso do Goberno de Inés Rey co talento feminino" e na necesidade de acadar unha igualdade real en todos os sectores empresariais e laborais. A xornada tivo como principal obxectivo poñer en valor o traballo de novas emprendedoras e empresarias consolidades, tendo como temática central a dixitalización no tecido empresarial. Durante a mañá celebráronse diferentes paneis de empresarias e emprendedoras.
A concelleira Diana Cabanas lembrou que o centro de emprego Accede Papagaio contra cunha ampla programación de asesoramento e formación. Nese sentido, este venres 22 celebrarase a xornada 'Medrar e Compartir. Experiencias e crecemento no coworking', entre as 11.00 e as 14.00 horas, con un obradoiro e unha mesa redonda.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible