14 de decembro de 2023
Como peche de ano organízanse unha serie de actividades ao redor dos programas Arte e Cultura no centro, Deporte no centro e English Lab
Para pechar o ano, os equipos responsables da coordinación de actividades dos programas da Coruña Tardes organizou unha serie de actividades, que enumeramos a continuación:
ARTE E CULTURA NO CENTRO
Para varios grupos de Educación Infantil: DÚAS SESIÓNS DE NARRACIÓN ORAL da man de Ramiro Neira, no Fórum Metropolitano, nas seguintes datas:
Venres 15 de decembro, para varios grupos de E.P.: a OBRA DE TEATRO "EL TRAJE DEL NUEVO DEL EMPERADOR" da Pera Llimonera, no Fórum Metropolitano o, 16.30 a 17.30 h. 125 escolares + educadores.
DEPORTE NO CENTRO
Realización de varios ENCONTROS DEPORTIVOS, dentro e fóra do horario escolar, así como algunhas MOSTRAS DE PATINAXE para as familias dos/das escolares en actividade:
Posiblemente algún centro máis fará xornada final de portas abertas con algunha actividade, pero están as datas sen concretar.
ENGLISH LAB (IDIOMAS NO CENTRO)
Luns 18 e martes 19 de decembro, STORYTELLING & DRAMA (contacontos interactivo dramatizado), para E.I e de 1º a 3º de E.P., por Katarsys School of English & Performing Arts (de 16.30 a 17.30 h) no Centro cívico de Novo Mesoiro.
PASSWORD, para 4º a 6º de educación primaria, en cada centro.
Consulta máis información sobre os respectivos programas:
11 de decembro de 2024
9 de decembro de 2024
27 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible