18 de mayo de 2021
Debido a problemas de axenda, a conferencia de Maior Zaragoza programada para este día tivo que aprazarse a outono.
Este martes, como todas as sesións do Foro Pensando en Educación, celebrarase ás 19:30 na Paraninfo da UDC a conferencia "A educación emocional" a cargo do xuíz José Antonio Vázquez Taín.
Quen queira asistir por "streaming" pode facelo a través da canle de Youtube da Concellería de Educación: https://www.youtube.com/watch?v=rTZ2amA4QnY
Vázquez Taín
Vázquez Taín é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Reside na Coruña desde 2007, cidade onde exerce de maxistrado. Con anterioridade traballou como xuíz en Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. O seu labor á fronte de operacións xudiciais contra o narcotráfico é notorio. Destaca publicamente polo seu interese na difusión e achegamento do mundo da xustiza á cidadanía a través da colaboración con numerosos medios de comunicación.
De forma paralela, o ourensán desenvolveu unha carreira como autor con tres novelas (Más allá y más arriba, Al infierno se llega deprisa e El mar sin fondo), tres ensaios (Matar no es fácil, Grandes juicios de la historia e Pulso al Estado) e unha historia novelada sobre o Camiño de Santiago (Santiago. La leyenda del santo oculto).
Documentos relacionados
18 de octubre de 2024
16 de octubre de 2024
14 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible