Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

24 de abril de 2025

Fito & Fitipaldis regresa á Coruña coa súa xira ‘Aullidos Tour’ o 28 de novembro

As entradas para o seu concerto no Coliseum sairán á venda o martes 29 de abril ás 10.00 horas

Fito & Fitipaldis, un dos grandes referentes do rock nacional, regresarán á Coruña coa súa xira 'Aullidos Tour'. A formación liderada por Fito Cabrales actuará no Coliseum o venres 28 de novembro, na que será a segunda cita da súa extensa nova xira polo territorio nacional.

"Desde o Goberno de Inés Rey estamos a impulsar grandes actuacións musicais no recinto de referencia en Galicia, con cabida para todos os estilos e que ano tras ano non deixa de bater récords de asistencia e vendas", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas para o espectáculo poderanse adquirir a partir do martes 29 de abril ás 10.00 horas a través de diferentes portais en liña como Ataquilla e Ticketmaster e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Más de dous anos e medio despois dos seus últimos concertos, Fito & Fitipaldis volven á estrada con "Aullidos Tour", unha extensa xira que percorrerá 28 cidades españolas e na que, ademais de repasar os grandes éxitos da súa carreira, presentarán o seu novo álbum "O monte dos aullidos".

A formación atópase nestes momentos inmersa no proceso de gravación deste novo traballo, o oitavo da súa carreira, cuxa publicación espérase para o próximo outono, coincidindo co comezo da xira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible