Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2024

Formación para emprender 2024

Os cursos son de carácter gratuíto. As admisións serán por orde de solicitude, cun total de 22 prazas por curso.

O departamento de Promoción Económica dependente da Concellería de Emprego, Comercio e Mercados levará a cabo durante os meses de outubro e novembro formación dirixida a persoas emprendedoras e/ou empresas coa finalidade de dar apoio, asesoramento e formación para a mellora do mercado laboral no mundo do emprego por conta propia.

A metodoloxía para aplicar no curso será participativa e práctica, dirixida máis a unha formación con debate, diálogo e traballo compartido nas sesións, que a un formato tradicional de sesións maxistrais. A aplicación de casos, a resolución de dúbidas concretas e as dinámicas comparadas entre experiencias das distintas empresas asistentes marcarán o desenvolvemento das sesións.

Un experto con 20 anos de experiencia en postos de dirección e de análise e con capacidade pedagóxica e didáctica que permite o fluxo do coñecemento cara ás persoas asistentes e viceversa, nun ambiente de participación, será o docente encargado de levar a cabo esta formación.

Os cursos son de carácter gratuíto. As admisións serán por orde de solicitude, cun total de 22 prazas por curso.

Os cursos son os seguintes:

Máis información: Cursos de emprendimiento (coruna.gal)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión